Hazte soci@!

Patio de Butacas é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro constituída oficialmente en marzo de 2016. A nosa asociación ten por obxectivo xestionar a cultura de espazos de interese público, centrámonos na recuperación do Cinema Adriano de Barallobre como escenario para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa arte e a Cultura.

Os nosos fins principais son:

  • Promover o desenvolvemento das actividades na nosa comunidade.
  • Fomentar o interese pola arte e a cultura, así como a produción artística na nosa contorna.
  • Dar cabida e apoio a todos/as aqueles/as que queiran explorar a súa expresión artística por medio do achegamento de medios, espazos e formación aos asociados/as.
  • A recuperación e conservación do Cinema Adriano de Barallobre

O noso obxectivo é poder manter en pé este singular edificio de arquitectura indiana, para poder lembrar historias, para que o seu uso permita abrir as portas á cultura, á arte, ao entretemento e, abrigo, ao cinema e á historia de Barallobre.

Se queres axudarnos a mantelo vivo podes facerche socio, só tes que descargar e encher o seguinte formulario e enviárnolo á seguinte dirección de correo: patiobutacas@gmail.com

Descargar formulario